Preparan unha nova versión do Chumby

mércores, 30 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O Chumby, ese orixinal dispositivo con conectividade Wi-Fi que estaba pensado para facer tanto de radio coma de lector de novas ou de espertador, ten xa un herdeiro, o Chumby One, que conta cunhas prestacións moi semellantes, pero parece centrado nas súas funcións de radio (tanto de emisoras en liña coma FM), conservando unha pantalla cunha resolución de 320 x 240 píxeles na que facer uso de distintos widgets (actualmente conta cuns 1.500, que permiten funcións coma acceder ao calendario de Google, comprobar o estado do tempo ou ver o estado dos nosos amigos en Facebook).
Aparte de cambiar a súa aparencia externa, o Chumby One mellora a potencia do seu procesador (pasa de 350 a 454 MHz) e reduce o seu prezo case á metade, agardándose que estea á venda a uns 100 dólares (68,28 euros).

PUBLICIDADE