Prepárase o adeus para as cabinas e as guÃas telefónicas
martes, 17 de xullo do 2018
A
Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia leva bastante tempo criticando
que as cabinas telefónicas sexan consideradas un servizos universal, de xeito
que o Estado ten que sufragar o seu mantemento (cada
vez máis caro) pese a que o seu uso é practicamente nulo, e finalmente a CNMC publicou un informe
sobre a proposta de modificación do Real Decreto sobre as guÃas telefónicas
ao servizo de información sobre números de abonado e os teléfonos públicos de
pagamento a petición da Dirección Xeral de Telecomunicacións e TecnoloxÃas da
Información da SESIAD, dando luz verde á erradicación destas rémoras do pasado,
que na actualidade carecen da utilidade que as xustificaba no seu momento.
No seu informe a CNMC confirma que non hai razón para manter as guÃas
telefónicas e as cabinas, adxudicadas de xeito forzoso a Telefónica até o 31 de
decembro de 2018, por ter quedado deserto o concurso correspondente (xa que
carecen de interese para ningunha compañÃa), asà como dos números de
información telefónica (que consideran que xa atende o mercado).
Temos asà que 2019 poderÃa ser un ano histórico, xa que suporÃa a desaparición
das cabinas telefónicas da paisaxe urbana, polo que consideran convinte
analizar o uso comercial que pode darse a estes elementos que ocupan espazos
públicos e aos que poderÃa darse unha segunda vida (por exemplo, en AndalucÃa hai un proxecto
para convertelas en cargadores para móbiles con pantallas interactivas).