Presentan o Samsung Wave coma o móbil coa mellor pantalla do mercado

luns, 15 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Para captar algo de atención no Mobile World Congress, Samsung trouxo o seu terminal Wave, que fai uso da interface TouchWiz 3.0, conta coa función Social Hub (que combina distintas plataformas de redes sociais nunha única aplicación) e destaca especialmente por gozar dunha pantalla Super AMOLED de 3,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles que promete ser a mellor pantalla de móbil que pode verse ata o momento.
O Samsung Wave conta cun procesador a 1 GHz, reproduce vídeos en MPEG-4 (DivX e Xvid), H.264 e WMV ata a 720p, conta con conectividade Wi-Fi, Bluetooth 3.0, HSPA e a-GPS, compás dixital, acelerómetro, radio FM, cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático (e gravación de vídeo en alta definición) e batería de 1.500 mAh. Funciona co novo sistema operativo Bada, que tería posibilidades multi-tarefa e soporte de Flash.
Venderase a partires de maio con capacidades de 2 e 8 Gbytes, ampliables mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb.


Revisión en vídeo do Samsung Wave

PUBLICIDADE