Presentan oficialmente o LG Secret

mércores, 18 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O segredo de LG finalmente ve a luz, e a empresa surcoreana presenta en sociedade o seu terminal KF750, tamén coñecido coma LG Secret, que será o terceiro terminal da serie etiqueta negra ca compañía (que inauguraran os populares LG Chocolate e LG Shine). O novo móbil chegará a vindeira semana aos mercados asiáticos, mentres que en España o teremos no mes de xullo da man de distintas operadoras.
O LG Secret é un terminal bastante fino (11,8 milímetros de grosor) que destaca pola súa elegante estética e unha cámara de 5 Mpíxeles. Tamén é o primeiro móbil do mundo feito de fibra de carbono e está certificado para a reprodución de ficheiros DivX.
Inclúe unha serie de aplicacións de Google precargadas, de xeito que serve para ler o correo de Gmail, consultar os mapas de Google Maps e ver os vídeos de YouTube. Permite a lectura de documentos de Word, Excel e Powerpoint (e mesmo PDF), reproduce ficheiros multimedia e incluso ten un acelerómetro do que poderán tirar partido distintos xogos.
O usuario pode operar o novo móbil tanto mediante un teclado deslizante como a través da súa pantalla táctil de 2,4 polgadas (cunha resolución de 240 x 320 píxeles) cuberta por un escudo de cristal temperado.
Ademais, para a súa promoción estrearon un vídeo con vocación viral que pretende mesturar erotismo con humor:

PUBLICIDADE