Presentan un módulo de cámara 360 de só 7,6 milÃmetros de grosor
xoves, 29 de xuño do 2017
Estes
dÃas no Mobile World Congress de Shanghai están a poder verse moitas
innovacións que posiblemente cheguen aos smartphones que teremos no mercado nos
vindeiros meses, entre as que dende Engadget destacan os novos
módulos de cámaras de 360 graos, que xa conseguen unhas dimensións tan
cativas que permitirán que un teléfono poida integrar esta tecnoloxÃa emerxente
sen facer grandes concesións.
Actualmente a compañÃa chinesa Darling xa ten un teléfono con cámara de 360
graos (ou sexa, un ollo de peixe traseiro e outro dianteiro), pero HT
Optical integrará os seus módulos de cámara en máis produtos no futuro
especialmente por telos adelgazado o suficiente como para poder integralos en
smartphones de só 7,6 milÃmetros de grosor, prometendo que poderán tomar
fotografÃas de 16 MpÃxeles (resolución semellante á da última versión da cámara
Samsung Gear 360). Espérase que o módulo tamén poida empregarse para gravar
vÃdeo en 360 graos cunha resolución de 4K, o que serÃa bastante interesante
para unha cámara integrada, aÃnda que haberá que ver se os consumidores
realmente queren gozar de tal funcionalidade de xeito fixo, pois ao contar con obxectivos de ollo de peixe sobresaen
preto dun milÃmetro, o que pode resultar incómodo ou incluso pode levantar
dúbidas sobre a resistencia dos obxectivos a longo prazo (xa que estarán moi
expostos a agresións externas).
- A compañÃa chinesa Darling xa conta no seu catálogo cun smartphone con cámara de 360 graos