Prey estrea demo para PS4 e Xbox One

xoves, 27 de abril do 2017 Marcus Fernández

O vindeiro 5 de maio chegará a Xbox One, PlayStation 4 e PC o xogo de Arkane Studios Prey, e para facer máis doada de levar a espera e permitir que nos fagamos unha idade do que achegará este impresionante título estréase hoxe a súa versión de demostración titulada Prey: Hora inicial, que pode descargarse de balde para Xbox One e PlayStation 4.
A demo permite aos xogadores introducirse nesta nova experiencia de ciencia ficción que chega do estudio que fixo a serie Dishonored, colocándonos na pel de Morgan Yu, científico xefe da Talos I, que traballa nun avance científico que cambiará á humanidade para sempre. No primeiro día de traballo na instalación de investigación interestelar chega unha invasión alieníxena que dará caza aos tripulantes sobreviventes, de xeito que hai procurar sobrevivir e tamén evitar que estas criaturas cheguen á Terra, xa que iso poría fin á vida tal e como a coñecemos. Trátase así de ir descubrindo os misterios da Talos I, combater a invasión alieníxena e salvar á humanidade.

Vídeo promocional da demo de Prey

PUBLICIDADE