Primeiras imaxes da versión final do Blu:Brain

xoves, 10 de decembro do 2009 Marcus Fernández

A galega Blusens leva máis dun ano facéndonos agardar por un prometedor reprodutor multimedia con disco duro chamado Blu:Brain, que sería capaz de reproducir vídeo en MKV en alta definición, así coma MPEG-2/4 e H.264 (xunto con outros moitos formatos populares), á vez que integraría dobre sintonizador de TDT en alta definición (para poder gravar os contidos televisivos á vez que vemos outra canle) e Wi-Fi, converténdose nun interesante dispositivo para o consumo audiovisual doméstico, que finalmente xa conta cunha versión final segundo desvelan dende Hiperdef, onde publican imaxes do dispositivo tomadas en México.
Segundo parece, o Blu:Brain vai presentarse na vindeira edición do CES de Las Vegas a primeiros de xaneiro, non estando aínda confirmada a data de lanzamento comercial do produto en España.

PUBLICIDADE