ProTrack converte aos iPod en gravadoras profesionais
luns, 23 de xuño do 2008
O fabricante de equipos de
audio profesional Alesis anunciou que para o terceiro trimestre do ano
vai pór á venda ProTrack, o primeiro gravador profesional de son
estéreo para o iPod, ou sexa, un sistema de gravación que captura o audio en
directo para almacenalo no disco de reprodutores iPod.
O ProTrack
integra dous micrófonos de alta calidade para poder facer directamente
gravacións de campo, pero tamén inclúe un par de conectores XLR de ¼ de
polgada, útiles para utilizar coma fonte de gravación micrófonos externos ou
tomas de liña.
O dispositivo inclúe fonte de alimentación (podendo operar tamén con 4 pilas
AAA) e achega alimentación phantom
(para micrófonos de condensador). As gravacións fanse en estéreo a 16 bits, a
44,1 ou a 22 kHz.
Deste xeito, ProTrack serÃa unha solución moi interesante para gravar
actuacións musicais, entrevistas ou conferencias coa comodidade de poder
reproducilas logo dende o iPod sen ter que mediar un ordenador no proceso.