Proxector 3D para espazos reducidos

luns, 15 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Aínda que no achegamento actual das 3D aos salóns domésticos a meirande parte dos fabricantes están a optar por televisores LCD/LED ou de plasma, os proxectores de vídeo tamén serven para unha experiencia estereoscópica, para o que Optoma comercializa o seu EX610ST, que é un proxector pensado para espazos reducidos que permite proxectar unha imaxe de 60 polgadas a unha distancia de só 77 centímetros (funciona axeitadamente a unha distancia de entre 0,5 e 2,5 metros), cunha luminosidade de 3.000 ANSI lúmenes, un contraste de 3.000:1, un refresco de 120 Hz, tomas HDMI, VGA, euroconector, compoñentes, S-Video, RCA, mini-jack de 3,5 mm e USB e altofalantes de 10 W de potencia, que chega ao noso mercado a un prezo de 880 euros.
O Optoma EX610ST utiliza tecnoloxía DLP, ten unha resolución nativa de 1.280 x 800 píxeles (con proporcións de 16:10), soporta vídeo ata a 1.600 x 1.200 píxeles, mide 30,6 x 24,3 x 11,3 milímetros, pesa 3,1 quilogramos, é compatible con imaxes de 16:9 e 4:3 e a súa lámpada ten unha vida de entre 3.000 e 4.000 horas.

O proxector Optoma EX610ST conta cunha boa conectividade

PUBLICIDADE