Publican as especificacións do tablet de ICD

martes, 6 de abril do 2010 Marcus Fernández

Cando o iPad xa é unha realidade comezan a saírlle competidores, aínda que cunhas prestacións bastante diferentes, dando a entender que non terán os mesmos usos, e entre os produtos máis prometedores temos por fin as especificacións do Gemini de ICD, un tablet cunha pantalla táctil panorámica de 11,2 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, un procesador nVIDIA Tegra 2 a 1 GHz comparable co A4 de Apple e capaz de reproducir vídeo a 1.080p. O dispositivo funciona co sistema operativo Android (e compatibilidade coa tecnoloxía Adobe Flash), conectividade 3G con posibilidade de realizar chamadas de voz (así coma recibir e enviar SMS e MMS), Wi-Fi N, Bluetooth, GPS, radio FM, lector de tarxetas SD, microUSB, altofalantes, dobre webcam (unha de 2 e outra de 5 Mpíxeles), toma para auriculares estándar e unhas medidas de 300 x 191 x 15,6 milímetros.

PUBLICIDADE