Publican as especificacións do que sería o primeiro tablet con Firefox OS

venres, 17 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Firefox OS está favorecendo a comercialización de smartphones de baixo custo para mercados emerxentes e, aínda que o ten moi difícil para competir con Android, continúa a avanzar na súa proposta de sistema operativo baseado en tecnoloxías web, e agora vemos o que podería ser o primeiro tablet que funcione baixo esta plataforma.
As especificacións do primeiro tablet con Firefox OS, o InFocus New tab F1, incluirían un procesador ARM Cortex A7 de catro núcleos a 1 GHz, unha gráfica PowerVR SGX544MP2, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), pantalla IPS de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth, micro USB, batería de 7.000 mAh e un grosor de 9,7 milímetros, dando a impresión de que estamos ante un tablet con Android de prestacións bastante modestas. Este primeiro modelo estaría fabricado por Foxconn, e vendo o camiño que segue esta liña de desenvolvemento, é de supor que chegue ao mercado a un prezo moi axustado, dando prioridade para a súa comercialización a países de América latina.

PUBLICIDADE