Pursued, un novo xogo de balde para iPhone que destaca pola súa dificultade

martes, 12 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Tras a estrea en Google Play a semana pasada, o segundo xogo para móbiles da editora galega Iberian Games, Pursued, que presume de ser un dos xogos máis difíciles do mundo, está xa dispoñible para a súa descarga de balde na App Store, polo que podemos gozar deste complicado xogo dende un iPhone ou iPod Touch, para desesperar coa súa dificultade baseada non control xestual e nuns niveis que, pese a ter uns deseños minimalistas, teñen compoñentes de quebracabezas que fan que a superación das súas 50 fases sexa algo máis que habilidade á hora de mover un punto pola pantalla mentres evitamos a outros puntos inimigos e diferentes obstáculo.
O xogo é completamente de balde e sen compras dentro da aplicación xa que está financiado mediante a publicidade que integra, polo que é máis que recomendable darlle unha oportunidade para comprobar se temos a destreza suficiente para superar os seus niveis, sempre que sexamos quen de soportar a frustración como acontece con outros xogos móbiles complicados como Flappy Bird, que fan da súa dificultade a súa principal virtude, deixando a un lado outros factores técnicos. Para demostrar que é posible completar o xogo con éxito, dende Iberian Games publicaron un vídeo no que podemos ver como se superan os seus niveis:

PUBLICIDADE