Bubble Bobble salta á Xbox 360

mércores, 16 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O Bazar de Xbox LIVE recibiu hoxe todo un clásico das máquinas recreativas adaptado á videoconsola doméstica de Microsoft, Bubble Bobble Neo!, que pode mercarse por 800 puntos (9,6 euros) e do que tamén hai dispoñible unha versión de demostración de balde.
Este título arcade consiste en percorrer distintas plataformas encerrando aos distintos inimigos en burbullas para poder rematar con eles, permitindo esta actualización non só participar nun modo clásico no que recrean á perfección as 100 fases orixinais do xogo, senón tamén gozar dun modo multixogador competitivo en liña e outro cooperativo fóra de liña.
Este título para a Xbox 360 tamén inclúe logros.

PUBLICIDADE