R-Type volve á App Store

luns, 29 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Se hai un shoot’em up de referencia en máquinas recreativas e distintas plataformas clásica que poidamos considerar como o principal referente do xénero ese é R-Type, xogo que EA Mobile achegou a iOS en 2010 e DotEmu estreou en Android en 2011, pero EA perdeu os dereitos sobre esta marca hai uns meses, o que provocou a desaparición deste magnífico xogo de naves da App Store, o que corrixiron finalmente dende DotEmu, compañía que agora tamén edita R-Type para iPhone e iPad a un prezo de 1,79 euros.
O xogo conserva as características orixinais do título de 1987, ao que engadiron novas posibilidades como 2 opcións de contro diferentes (modo táctil mellorado ou consola D-pad virtual), control personalizable, 3 axustes de dificultade, soporte para 10 idiomas (entre os que figura o español), compatibilidade completo con pantallas Retina e clasificacións en liña a través do Game Center.
Para celebrar este relanzamento de R-Type, DotEmu pon o xogo Raiden Legacy por tempo limitado a un 60% de desconto (quedando en 1,79 euros).

O xogo permite elixiir entre 2 modos de control diferentes

PUBLICIDADE