R adianta detalles do seu futuro descodificador de alta definición
venres, 25 de marzo do 2011
R, o operador de
telecomunicacións sito en Galicia, está a preparar a modernización do seu
servizo de televisión, polo que van a adaptalo
á alta definición grazas a un novo descodificador que achega
interactividade (cun motor que permite executar aplicacións interactivas
baseadas en servizos web e cunha interface gráfica con animacións en 3D), vÃdeo
baixo demanda (servizo que teñen pensado lanzar en breve dende R), gravación de
vÃdeo en disco duro e saÃda de vÃdeo de alta definición (ata 1.080p).
O novo descodificador pode conectarse á rede local doméstica (para, por
exemplo, acceder aos contidos multimedia compartidos a través do ordenador),
ten unha conexión para poder conectar as consolas de videoxogos domésticas á
Rede sen complexas instalacións, conta con porto USB para poder reproducir
contidos propios ou incluso para instalar periféricos como cámaras de
videoconferencia, e permiten a instalación no seu interior dun disco duro de
ata 1 Tb para gravar os nosos programas de televisión favoritos.
Os máis impacientes poderán
solicitar a R o prerrexistro para poderen ser os primeiros en gozar do novo
descodificador de alta definición, que chegará cunha condicións comerciais
por determinar.
De todos os xeitos, os
usuarios que desexen ver contidos en alta definición actualmente poden
aproveitar a oferta da TDT conectando o seu televisor directamente á toma
de televisión de R, na que, aparte da súa oferta de televisión multi-canle en
DVB-C, tamén chega a Televisión Dixital Terrestre ordinaria.