RØDE presenta un novo sistema de microfonía sen fíos

luns, 27 de marzo do 2023 Marcus Fernández

O sistema de microfonía sen fíos RØDE Wireless GO II converteuse en todo un referente no sector ao facer moi accesible a gravación con dous micrófonos emisores á vez, conectándose o receptor tanto a unha cámara como a un PC ou a un smartphone, polo que é unha solución moi axeitada para entrevistas e directos de vídeo.
Este sistema ten un prezo recomendado de 299 euros, e agora presentaría unha interesante alternativa que custaría preto da metade (180 euros), pero que tamén sería moi interesante, o sistema de microfonía RØDE Wireless ME, que sería moi semellante ao Wireless GO II, pero cun único emisor e cunha característica realmente rechamante: integrar un micrófono tamén na unidade receptora.
Que o RØDE Wireless ME integre un micrófono no receptor fai que poidan captarse a voz do operador de cámara como narrador, ou incluso serviría para captar a voz dun entrevistador fóra de cámara, polo que en moitos escenarios faría a mesma función que un RØDE Wireless GO II custando moito menos. Sen dúbida, unha solución moi atractiva para creadores de vídeo.

Co RØDE Wireless ME é doado facer entrevistas ao contar con micrófono na unidade emisora e na receptora
O RØDE Wireless ME é unha solución moi completa cun prezo axustado

PUBLICIDADE