Rato sen fíos con pulsómetro

venres, 8 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Asus non só fabrica placas base, tarxetas gráficas e ata os populares ordenadores Eee PC, senón que tamén ten os seus propios periféricos, e o último resulta un tanto rechamante pois o seu rato sen fíos Vito W1 incorpora un pulsómetro, de xeito que o usuario pode medir as pulsacións por minuto do seu corazón mentres usa o ordenador.
O rato ten unha resolución de 1.200 puntos por polgada, inclúe un receptor USB que funcionan na frecuencia do 2,4 GHz, conta con 5 botóns programables e tamén inclúe a aplicación para monitorizar o noso pulso (ASUS HeartTouching).
Polo momento non se coñece o prezo de venda nin a data de lanzamento deste orixinal rato no mercado europeo.

PUBLICIDADE