Rayman Legends chega ás consolas de nova xeración

martes, 18 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Nos últimos meses chegou a Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation Vita e PC un dos mellores xogos de plataformas que puidemos ver en moito tempo, Rayman Legends, e finalmente completa o seu lanzamento estreando hoxe as súas versións para as consolas de nova xeración, de xeito que xa podemos mercar este coidado título en versións para PlayStation 4 e Xbox One, que como detalle distintivo teñen algúns personaxes exclusivos: Ray Vaas e Far Glob (en Xbox One), Assassin Ray (en PS4) e Champion Ray (para ambas consolas). O xogo tamén inclúe algunhas características de xogo e retos propias destes nosos sistemas.
O prezo recomendado para este xogo é de 39,95 euros para as novas consolas, e os usuarios que queiran botarlle un ollo antes da súa compra, é posible probar o xogo vía web dende o ordenador.

Rayman Legends</Em> chega a Xbox One e PlayStation 4 como un plataforma de corte clásico imprescindible para os amantes do xénero


Trailer de lanzamento do xogo para as consolas de nova xeración

PUBLICIDADE