Rayman Legends versiona a canción Eye of the Tiger no seu último trailer

venres, 3 de maio do 2013 Marcus Fernández

O 29 de agosto teremos para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U o agardado Rayman Legends, secuela do laureado Rayman Origins, que promete mellorar a súa excelente primeira entrega con novas mecánicas de xogo e con moito humor, como veñen de demostrar co seu último vídeo promocional, no que amosan como sería unha das fases do xogo na que a música e os sons da mesma conseguen reproducir unha versión da canción Eye of the Tiger de Survivor (tema da banda sonora de Rocky III que foi un dos sinxelos máis vendidos nos EE.UU. na década dos 80) en plan mariachi (tanto a nivel musical como visual, estando ambientado no mundo chamado Fiesta de los Muertos).
Sen dúbida un gran xeito de manter de actualidade un xogo antes do seu lanzamento, prometendo que non só vai ter unha boa mecánica de xogo, senón que vai facer pasar un bo rato ao xogador, chegado a debuxar un sorriso na súa cara coas súas referencias culturais.


Novo trailer musical de Rayman Legends

PUBLICIDADE