Rayman Legends chegará en setembro para Wii U, PS3 e Xbox 360

xoves, 7 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Un dos xogos exclusivos máis prometedores para a Wii U era sen lugar a dúbidas Rayman Legends, secuela de Rayman Origins, título que supuxo o reboot do personaxe que quedara eclipsado por outros personaxes dos seus xogos (os Raving Rabbids) e que conseguiu devolver a gloria ao xénero das plataformas. Tras adiarse o lanzamento da nova entrega temos agora o anuncio de Ubisoft de que iso será unha mala nova para Nintendo, pero boa para os seus competidores, xa que o xogo deixará a súa exclusividade para chegar tamén para Xbox 360 e PlayStation 3, fixándose o seu lanzamento nas primeiras semanas do mes de setembro.
As novas versións de Rayman Legends recaerán no mesmo estudo que está a desenvolvelo para Wii U, Ubisoft Montpellier, e para enriquecer este xogo non só haberá novos niveis que percorrer, senón que tamén incluirá novos modos de xogo, novos personaxes e unha nova banda sonora, polo que ten moitas bazas para converterse no título de referencia deste xénero durante 2013.

Rayman Legends contará con novos personaxes

PUBLICIDADE