Rayman Raving Rabbids TV Party poderá usarse coas cachas

xoves, 29 de maio do 2008 Marcus Fernández

Os coellos tolos que acompañan a Rayman nos seus xogos eclipsaron totalmente ao protagonista dunha saga da que aínda queda moito por chegar, sendo o próximo título Rayman Raving Rabbids TV Party, que sairá para as consolas de Nintendo (DS e Wii), destacando porque na plataforma doméstica fará uso da nova táboa de equilibrio, que neste caso parece que se utilizará sentándose sobre a mesma, o que é un uso totalmente inesperado (aínda que a meirande parte dos mini-xogos funcionarán co mando normal da Wii).
No novo xogo os Rabbids pretenden invadir as televisións do mundo, de xeito que introducirán aos xogadores en múltiples xogos no que se parodia a programas de televisión, a cultura popular e incluso algúns anuncios.
Os detalles do novo xogo daranse a coñecer durante o E3 que terá lugar a mediados de xullo, e mentres podemos botar unha ollada á súa presentación:


Presentación do xogo


Trailer do xogo

PUBLICIDADE