Razer Abyssus: un rato ideal para xogar

xoves, 12 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O fabricante de periféricos Razer volve ás orixes, e presenta un rato pensado para o seu uso en videoxogos que presenta unha aparencia bastante sinxela, o que non impide que esteamos ante un excelente rato de tres botóns válido para o seu uso con ambas mans, cunha precisión de 3.500 dpi con sensor de infravermellos 3.5G e un tempo de resposta de 1 milisegundo.
O Razer Abyssus sairá á venda en España a finais de decembro por 39,99 euros, de xeito que será unha interesante opción para os xogadores de PC que queiran contar cun sistema de control rápido e preciso, con botóns programables e roda de desprazamento.

PUBLICIDADE