Razer presenta o seu primeiro smartphone
xoves, 2 de novembro do 2017
A primeiros de ano o fabricante especializado en accesorios
para videoxogos Razer fÃxose co equipo de Nextbit que desenvolvera o
smartphone orientado á nube Robin, e aproveitou ese coñecemento para
desenvolver o que consideran que é u smartphone propio para gamers, o Razer Phone.
Existe realmente un hardware de teléfono orientado a xogadores intensivos?
Dende Razer consideran que si e, aparte dunha configuración moi completa,
coidaron especialmente un elemento que é no que o Razer Phone destaca fronte a
todo o que podemos ver no mercado: conta cunha pantalla LCD de 5,7 polgadas
cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles e unha taxe de refresco de 120 Hz, o
que definen como UltraMotion,
converténdose no primeiro teléfono en facer tal (Apple fixera algo semellante,
pero só o aplicou nos seus iPad Pro).
Aparte de optar por unha pantalla moi rápida, que agradecerán os xogadores
afeitos as tecnoloxÃas semellantes en ordenadores optimizados para tal, o Razer
Phone tamén integra uns potentes altofalantes frontais Dolby ATMOS con certificación
THX, de xeito que temos un terminal apto para os amantes do bo son, aÃnda que
posiblemente non agradezan tanto o feito de que o móbil careza de toma de
auriculares (aÃnda que inclúe un adaptador de USB-C a jack para poder empregar
auriculares con cable tradicionais).
O Razer Phone está equipado cun potente procesador Qualcomm Snapdragon 835, 8
GB de memoria LPDDR4, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD de até 2 TB), dobre cámara traseira (a principal de 12
MpÃxeles con apertura f/1.75 e outra de telefoto
de 13 MpÃxeles cunha apertura de f/2.6), cámara frontal de 8 MpÃxeles con
apertura f/2.0, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, NFC, baterÃa de 4.000 mAh con Quick
Charge 4+, un grosor de 8 milÃmetros e un peso de 197 gramos.
O seu prezo europeo serÃa de 749,99 euros, aÃnda que polo momento só pode
conseguirse a través do
operador Three, estando dispoñible a partires do vindeiro dÃa 17 a través
da páxina web do fabricante e dalgunha outra tenda máis.
O Razer Phone serÃa un digno smartphone de alta gama, que incluso competirÃa
moi ben en prezo cos principais fabricantes, pero ten como principal eiva o
chegar dunha compañÃa sen experiencia no sector e cunha canle de distribución
moi feble, que fai que os consumidores poidan ter reparos en facerse cun destes
dispositivos ante a incógnita que supoñen o seu soporte futuro e o seu servizo
técnico (que claramente será moi inferior ao de fabricantes con grande presenza
comercial).
VÃdeo promocional do Razer Phone