Real Racing 3 estréase en Android e iOS como xogo de carreiras Free-To-Play

mércores, 27 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Electronic Arts pretende que o seu último xogo para dispositivos móbiles convértase en todo un fenómeno, pois Real Racing 3 chega á App Store e a Google Play hoxe, de balde, e cun nivel gráfico impresionante e unha acción trepidante, que de seguro que cativará a millóns de usuarios de todo o mundo grazas ao seu realismo e a súa accesibilidade. Aínda que o xogo é gratuíto, conta con contidos que poden adquirirse dentro da aplicación, ou sexa, que o seu modelo de negocio é o Free-To-Play, o que podería ser moito máis rendible que vender o xogo directamente segundo de desprende da expectación que está a crear este título desenvolvido por Firemonkeys.
Real Racing 3 conta por primeira vez na saga con circuítos reais con múltiples configuracións, permite competir contra outros xogadores aínda que non estean en liña ao mesmo tempo que nós, permitirá competir en máis de 900 eventos e incorpora un motor de danos, espellos retrovisores completamente funcionais e reflexos dinámicos representando a realidade dunha carreira dun xeito que nunca antes vimos nun xogo móbil deste tipo, que chega a superar a moitos títulos para consolas domésticas.

O actor Donald Faison probando o xogo nun iPad


Vídeo promocional de Real Racing 3

PUBLICIDADE