Realme fai cada vez máis económicos os seus móbiles 5G

xoves, 23 de abril do 2020 Marcus Fernández

A primeiros de ano Realme presentou o Realme X50 5G, ao que pronto seguiu o Realme X50 Pro 5G, con prezos de entre 599 e 749 euros, de aí que non sorprenda a presentación do Realme X50m 5G, teléfono que chega inicialmente a China cun prezo de 1.999 iuans (263 euros) con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento ou a 2.299 iuans (301 euros) con 8 GB de RAM, de xeito que colócanse como unha opción moito máis asumible para quen desexa facerse cun móbil con 5G.
Pese ao seu prezo axustado o Realme X50m 5G conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 765G con 5G, unha pantalla IPS Full HD+ de 6,57 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz, cámara frontal dual de 16 e 2 Mpíxeles, cámara traseira tripla cun sensor principal de 48 Mpíxeles, NFC, Bluetooth 5.0, lector de pegadas lateral e unha batería de 4.200 mAh con carga rápida de 30 watts, e xeito que temos un produto potente e elegante, que para moitos será unha opción moi atractiva para o xogo móbil, grazas á súa combinación de pantalla e procesador.
Ao mercado chinés chega a semana que vén, e queda por ver se o veremos pronto por aquí, do que dependerá a demanda de móbiles 5G que detecten dende a marcha chinesa.

PUBLICIDADE