Receptor de radio (por FM, DAB e Wi-Fi)

luns, 21 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os amantes da radio poden agora casar nun único dispositivo a radio FM, a radio dixital (DAB) e as emisoras a través da Internet captadas por Wi-Fi grazas ao dispositivo Pure Sensia, que comezará a venderse no Reino Unido por 249,99 libras esterlinas (274,83 euros) antes no Nadal.
Este receptor de radio dixital conta cunha pantalla táctil capacitiva de 5,7 polgadas cunha resolución de 640 x 480 píxeles, mando a distancia por radiofrecuencia, batería recargable cunha autonomía de 10 horas, conectividade Wi-Fi (baixo o estándar IEEE 802.11g con soporte de encriptación WEP/WPA/WPA2) e soporte de distintos codecs de audio (WMA, WAV, AAC, MP3, MP2 e Real Audio).

PUBLICIDADE