Receptor/gravador de TDT con Wi-Fi

xoves, 27 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Os receptores de TDT continúan a aglutinar prestacións avanzadas coma signo de que teñen moito futuro, e Strong comezou a comercializar o seu gravador Maestro SRT 6300, que aparte de almacenar os programas no seu disco duro de 160 Gb, tamén inclúe conectividade Wi-Fi, o que nos permite recibir as gravacións en ata 3 equipos diferentes.
O Strong Maestro SRT 6300 leva un dobre sintonizador para poder ver un programa mentres se grava outro, conta con función de TimeShift e tamén inclúe un porto USB para reproducir contidos dende discos duros externos ou memorias USB.

PUBLICIDADE