Recuperan 8 clásicos de Data East

luns, 1 de marzo do 2021 Marcus Fernández

Ziggurat Interactive e 612 Games están a colaborar na recuperación de varios xogos clásicos de Data East, que trunfaron en salóns recretivos a finais dos 80 e comezos dos 90, de xeito que en breve veremos como chegan a ordenadores persoais 15 títulos dos que xa se coñecen os 8 primeiros, que poderán adquirirse en GOG, en Steam e na Humble Bundle store.
Esta primeira vaga de xogos que chegará o día 3, e que no seu lanzamento terán un 33% de desconto, está composta polo emblemático Bad Dudes vs. Dragon Ninja, o moi lembrado Express Raider e un dos meirandes éxitos do seu tempo, Joe & Mac: Caveman Ninja; aos que acompañarán títulos menos representativos como Gate of Doom, Heavy Barrel, SRD – Super Real Darwin, Super BurgerTime e Two Crude, quen sen chegar a ter tanto éxito como os anteriores, son tamén unha boa mostra dos xogos do seu tempo, e que agora poderemos recuperar nos nosos equipos informáticos, para o que podemos gozar dos mesmos cos seus gráficos orixinais ou con filtros de imaxe que simulan as pantallas de tubo das máquinas recreativas para unha experiencia máis retro.

Bad Dudes vs. Dragon Ninja foi un beat’em up de grande éxito en recreativas que adaptouse a numerosas plataformas
Express Raider é un dos xogos que podemos recuperar e visualizar simulando unha pantalla CRT

PUBLICIDADE