Red Dead Redemption 2 chegará a PC e Stadia en novembro
venres, 4 de outubro do 2019
O último éxito de Rockstar Games, Red Dead Redemption 2,
chegou hai un ano a consolas de videoxogos, deixando aos usuarios de equipos
informáticos na espera deste grande tÃtulo, pero finalmente confÃrmase
o lanzamento do xogo para PC o vindeiro 5 de novembro, abrÃndose a reserva
a través do novo
lanzador de Rockstar Games a partires do 9 de outubro, plataforma que
premiará as reservas con bonificacións especiais.
A versión para PC de Red Dead Redemption 2 supón a estrea da saga en
ordenadores persoais e incluirá varias melloras gráficas e técnicas, novas
misións de cazarrecompensas, asaltos a goridas e armas, entre outros contidos.
Tampouco esquece achegar acceso ao mundo multixogador Red Dead Online,
con todas as melloras e actualizacións que foi recibindo en consolas.
Durante o perÃodo de reserva do xogo o lanzador de Rockstar Games ofrecerá de
balde 2 dos xogos para PC a elixir entre GTA 3, GTA: Vice City, GTA:
San Andreas, Bully, L.A. Noire e Max Payne 3.
Pero a tenda en liña de Rockstar non será a única canle para facerse con Red
Dead Redemption 2, que tamén estará dispoñible na tenda dixital de Epic
Games, na de Humble Bundle e outras plataformas. No caso de Steam o xogo non
estará dispoñible até decembro. Pero o máis salientable para moitos será que Red
Dead Redemption 2 será un dos xogos dispoñibles en novembro para o
lanzamento de Google Stadia.
Tráiler de lanzamento da versión para consolas de Red Dead Redemption 2