Red Dead Redemption II estrea novo tráiler

xoves, 28 de setembro do 2017 Marcus Fernández

Na vindeira primavera espérase a chegada do xogo Red Dead Redemption II, título de Rockstar Games do que aínda temos poucos detalles, de xeito que sexa unha magnífica nova a publicación dun novo tráiler que nos permita ver o aspecto que terá esta superprodución e tamén coñecer detalles da súa historia.
Grazas ao novo vídeo de adianto sabemos que a historia do novo xogo está protagonizada polo foraxido Arthur Morgan, que pertence á banda de Van der Linde, que atrancan, loitan e saquean no seu camiño polo vasto e duro corazón de América pola supervivencia.
Este xogo é unha secuela do Red Dead Redemption que veu a luz para a anterior xeración de consolas, e aínda que estaba prevista a súa publicación para este outono, finalmente Rockstar Games decidiu adiar o lanzamento para Xbox One e PlayStation 4 para a primavera de 2018, de xeito que nos vindeiros meses teremos moitos máis detalles do que promete ser un dos xogos máis vendidos durante varios anos (como actualmente acontece con GTA V).

Tráiler con subtítulos en español de Red Dead Redemption II

PUBLICIDADE