Red Steel 3 fará uso do Wii Vitality Sensor

xoves, 29 de abril do 2010 Marcus Fernández

A edición francesa da Revista Oficial de Nintendo confirmou que Red Steel 3 utilizará o Wii Vitality Sensor

O mes pasado chegou ás tendas o xogo para Wii Red Steel 2, que destacaban fronte ao seu predecesor por tirar proveito do Wii MotionPlus, de xeito que tiñan unha experiencia de xogo moi superior, ao permitir un fiel control dunha katana durante as partidas, e agora a Revista Oficial de Nintendo en Francia sorprende ao confirmar que Ubisoft Montreal está xa a traballar no Red Steel 3, que desta volta incluiría o soporte doutro accesorio para a consola de Nintendo, o Wii Vitality Sensor.
Polo momento descoñécese o uso que fará o xogo do dispositivo que é capaz de medir o pulso do usuario. ¿Quizais reaccionará á súa fatiga para reflectila no xogo?

PUBLICIDADE