Red.es autoriza a compra de máis de 14.500 computadores con conectividade para Galicia
xoves, 22 de outubro do 2020
O
Consello
de Administración de Red.es deu luz verde á compra de máis de
14.500 computadores con conectividade para Galicia, unha medida
que busca loitar contra a fenda social tecnolóxica agravada pola
COVID e a crise económica resultante, que veu parella, de xeito
paradoxal, dunhas meirandes demandas de dixitalización. A
iniciativa, que beneficiará aos centros públicos sostidos con
fondos públicos, vén cun orzamento de máis de 8,5 millóns de
euros, dos que 6,8 son achegados por Red.es a través dos fondos
FEDER e 1,7 pola Comunidade Autónoma de Galicia. A medida Posto
Educativo no Fogar abéirase ao programa estatal Educa en Dixital.
Os
pregos de subministración serán publicados nos próximos dÃas na
Plataforma de Contratación do Sector Público, unha vez se constitúe
a comisión de seguimento do convenio Educa en Dixital Galicia,
integrada pola Xunta, Red.es e o Ministerio de Educación e Formación
Profesional, que é quen determinará o alcance final da actuación.
O
programa Educa en Dixital contempla dotar aos centros
educativos de equipos con conectividade fiábel e de calidade para
que poidan ser prestados e postos a disposición dos estudantes con
necesidades. Tamén abrangue outra serie de actuacións tales como a
posta a disposición de aplicacións, ferramentas e recursos
curriculares que faciliten a educación dixital, tanto presencial no
centro como desde o fogar, co fin de dotar á comunidade educativa de
recursos educativos TIC.
A
totalidade das Comunidades e Cidades Autónomas adherÃronse a este
programa que mobilizará inicialmente 230 millóns de euros, dos
cales Red.es achegará un orzamento inicial máximo de até 190
millóns de euros, con co-financiamento dos FEDER.