Redfall permitirá xogo cruzado

luns, 6 de marzo do 2023 Marcus Fernández

O vindeiro 2 de maio está previsto que saia á venda o agardado xogo Redfall de Bethesda, que estará dispoñible para PC e Xbox Series X|S, cun detalle moi significativo do que veñen de dar conta entre as preguntas frecuentes do xogo na súa páxina web: permitirá xogo cruzado entre usuarios de Steam e de Game Pass, ou sexa, que os amigos poderán xogar en compañía con independencia da plataforma que empreguen.
Redfall é un shooter en primeira persoa cooperativo de mundo aberto, que como garantía para moitos ten que está a ser desenvolvido por Arkane Austin, estudio responsable de xogos como Prey e Dishonored. Neste shooter de acción narrativa haberá que enfrontase a unha lexión de vampiros que invadiu a cidade de Redfall, deixándoa illada do resto do mundo.
Aínda que Redfall pode gozarse en solitario, o seu punto forte está en formar equipo de catro xogadores e así poder explorar fórmulas creativas de enfrontase ao azoute vampírico.

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE