Redmi 8: o novo smartphone económico de Xiaomi con batería de 5.000 mAh e carga rápida

mércores, 9 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Xiaomi vén de presentar na India o novo smartphone Redmi 8, que en breve debería chegar a España, e que promete converterse nun dos terminais máis atractivos para os que queren basicamente un smartphone competente cunha boa autonomía, xa que este teléfono con pantalla de 6,22 polgadas conta cunha xenerosa batería de 5.000 mAh que pode cargarse a 18 watts por USB-C.
Este smartphone presenta un deseño moi atractivo, cunha carcasa cun deseño que dan en chamar Aura Mirror, a súa pantalla IPS HD+ está protexida por Corning Gorilla Glass 5 e agocha unha cámara frontal de 8 Mpíxeles (con desbloqueo facial) na súa pestana central superior, na súa traseira ten tanto un lector de pegadas como unha cámara dual de 12 e 2 Mpíxeles con modo retrato, o seu procesador Qualcomm Snapdragon 439 de 8 núcleos garante un funcionamento máis que aceptable e chegará ao mercado en 2 configuracións: con 3 GB e RAM e 32 GB de almacenamento e con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, a 7.999 e 8.999 rupias (102 e 115 euros) respectivamente, podendo ampliarse en ambos casos o almacenamento interno mediante tarxetas microSD de até 512 GB.

PUBLICIDADE