Remember Me, a sorpresa de Capcom durante a Gamescom

martes, 14 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Niin será a protagonista do novo xogo de Capcom

Aínda que oficialmente a feira de videoxogos Gamescom de Colonia desenvólvese entre os días 15 e 19 de agosto, moitas compañías preferiron aproveitar o día anterior para amosar as súas cartas, e aínda que houbo moitos pequenos anuncios, dá a impresión de que Capcom foi a empresa que máis apostou por este evento, xa que, aparte de dar novos detalles sobre os seus agardados xogos Lost Planet 3, Resident Evil 6, Street Fighter X Tekken Vita e DmC Devil May Cry, sorprendeu anunciando Remember Me, un xogo totalmente novo, desenvolvido por DONTNOD Entertainment para Xbox 360, PlayStation 3 e PC que ten previsto o seu lanzamento para maio de 2013.
Rara vez se anuncia un título tan interesante con tan pouca antelación, o que axudará a achegar miradas a este xogo no que tomaremos o papel de Nilin, unha cazadora de memoria de elite que realiza movementos atléticos, domina as artes marciais e ten a habilidade de meterse na mente das persoas para roubar e incluso mudar as súas lembranzas, que ten que enfrontarse ao reto de recuperar a súa identidade despois de que roubaran os seus recordos.
O xogo terá lugar nunha futurista cidade de París, á que contribuíron artistas como o debuxante de comics Todd MacFarlane (creador de Spawn). Parece que estaremos ante un título cunha mecánica semellante á de Uncharted, pero cunha ambientación radicalmente distinta, como podemos ver no seu primeiro trailer:

Tamén podemos ver algúns momentos do xogo en acción no seguinte vídeo:

Remember Me está protagonizado por unha cazadora de memoria de elite
O xogo promete grande doses de acción

PUBLICIDADE