Reprodutor de MP4 con só 4,5 milímetros de grosor

luns, 1 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os iPod nano, cos seus 6,5 milímetros de grosor son considerados coma os reprodutores multimedia de referencia coma dispositivos delgados, pero dende a tenda virtual Component Warehouse achegan un reprodutor de MP4 con 4 Gb de capacidade que quere quitarlle a coroa ao reprodutor de Apple co seu grosor de apenas 4,5 milímetros, polo que aseguran que é o máis delgado do mundo na súa gama.
O reprodutor ten unha pantalla de 1,8 polgadas cunha resolución de 160 x 128 píxeles (característica que o iPod nano supera sobradamente), integra radio FM e micrófono, mide 85 x 54 x 4,5 milímetros, reproduce MP4, MP3, WMA, ASF e WAV, funciona con batería recargable e o seu prezo é de só 49,99 libras esterlinas (uns 60,27 euros).

PUBLICIDADE