Reprodutor multimedia con emulador de consolas de Nintendo e cargador solar

xoves, 24 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Chinavisión está a vender por 123,32 dólares (83,60 euros) un orixinal reprodutor multimedia que non só permite reproducir distintos formatos de son (MP3, WMA, AMR, WAV, ADPCM e PCM), así coma ver na súa pantalla TFT de 3,5 polgadas e cunha resolución de 320 x 240 píxeles imaxes (JPEG, BMP e GIF) e vídeos (con compresión MPEG 1, 2 ou 4), senón que tamén funciona coma emulador das consolas Nintendo, GameBoy e GameBoy Color e coma cargador solar.
O dispositivo almacena os seus contidos na súa memoria interna de 2 Gb ou en tarxetas SD (cunha capacidade máxima de 2 Gb), aínda que o feito de incluír 2 paneis solares para a carga propia ou doutros dispositivos de 4,5, 5, 6,3 ou 9 voltios mellora considerablemente o seu atractivo.

PUBLICIDADE