Reprodutor musical controlado por movemento de Samsung

venres, 10 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Samsung trae finalmente a España o seu novo reprodutor musical de peto, o Samsung Tic Toc, que está orientado a un público mozo e que destaca polo seu deseño desenfadado e a posibilidade de controlalo mediante movemento.
O Samsung Tic Toc mide 17,5 x 22,2 x 35,9 milímetros, pesa 12 gramos, ten unha autonomía de 12 horas continuas, soporta arquivos MP3, WMA, OGG e FLAC, conta con tecnoloxía DNSeTM 3.0 que mellora a reprodución sonora e na súa versión de 2 Gb véndese en distintas cores por 49 euros (tamén chegará con 4 Gb de almacenamento, a un prezo por comunicar).
O dispositivo conta cun acelerómetro que é o que permite o seu control por movemento, que debe activarse premendo un botón, tras o que o dispositivo recoñecerá os xestos que efectuemos con Samsung Tic Toc, de xeito que se o xiramos horizontalmente cambiaremos de canción, mediante 3 golpes saltaremos a outro cartafol e movendo o dispositivo arriba ou abaixo regularemos o seu volume.

PUBLICIDADE