Repulze leva o espírito de Wipeout a iOS

venres, 4 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Os amantes dos xogos futuristas de velocidade como o Wipeout de Psygnosis que queiran gozar de tal experiencia de xogo en mobilidade poderán facerse agora con Repulze, resultado do Project Future da desenvolvedora de videoxogos sueca Pixelbite, e que pode mercarse por 0,89 euros na App Store, sendo compatible tanto con iPhone coma con iPad.
Repulze colócanos nos mandos dun aerodeslizador experimental para superar unha serie de desafíos en carreiras fluídas con grande detalle gráfico e que pode manexarse tocando e inclinando o noso dispositivo móbil de Apple. O xogo inclúe polo momento unha primeira fase na que figuran 9 circuítos nos que competirán 6 aerodeslizadores. A experiencia completarase con novos paquetes de contido dos que haberá como mínimo 2.

Repulze é un dos moitos xogos de velocidade inspirados en Wipeout


Trailer de lanzamento do novo xogo de Pixelbite

PUBLICIDADE