ResetPlug, o enchufe que reinicia o noso router cando falla a Wi-Fi
martes, 3 de maio do 2016
Cada vez temos máis dispositivos conectados nos nosos
fogares, principalmente a través de Wi-Fi, pero os routers que atenden a tal
demanda de conexións non son precisamente de alta gama ou para cargas elevadas,
de aà que cada certo tempo é preciso apagar e volver a prender o dispositivo
para que todos os trebellos conectados na casa podan recuperar a conexión á
Rede, e pensando en tal problema puxeron á venda nos EE.UU. o ResetPlug, unha especie de programador de
enchufes que, en vez de guiarse por horarios, conéctase á nosa rede Wi-Fi e, no
caso de detectar problemas co acceso á Rede, corta o fluxo de corrente eléctrica
uns segundos de xeito que, se conectamos en tal toma o noso router, este
reiniciarase todas as veces que sexan preciso até que se recupere a conexión á
Internet.
Esta solución pode resultar moi práctica para fogares nas que non teñen o
router instalado nun lugar visible e accesible ou, simplemente, queren evitar a
molestia de ter que ir dunha habitación a outra para reiniciar o router cada
vez que falla a conexión á Internet.
Esta idea é bastante orixinal é está ben executada, aÃnda que o seu prezo non
fai que o ResetPlug sexa moi atractivo, xa que véndese a 59,99 dólares, cantidade que
só compensarÃa pagarse no caso de fallos moi frecuentes (nos que posiblemente
serÃa máis recomendable mercar un router de maior capacidade por un prezo só un
pouco superior).
- Se conectamos o router ao ResetPlug podemos reinicialo automaticamente cando falla a Wi-Fi