Resident Evil 5 supera os 5 millóns de copias
luns, 25 de maio do 2009
O lanzamento de Resident Evil 5 como a primeira entrega
desta saga para a Xbox 360 e a PlayStation 3 estivo envolto de polémica polo
seu suposto racismo, os modos de xogo coma contido descargable, a perda de
identidade (por pasar dun survival horror
a un mero xogo de acción) ou por detalles tan básicos coma non poder mover ao
personaxe que controlamos e disparar ao mesmo tempo. Pero estes detalles non
ensombreceron a este tÃtulo que aÃnda se mantén entre os mellores do ano, e que
segundo vén de dar a coñecer Capcom, vendeu 4,4 millóns de copias no seu mes de
lanzamento, e xa superou
os 5 millóns de unidades.
Deste xeito, Resident Evil 5 non só
serÃa un xogo de grande éxito para esta tempada, senón que serÃa o tÃtulo da
saga coa mellores vendas, superando os 4,95 millóns de unidades do Resident Evil 2 e confirmando que a
actual estratexia de Capcom ao reforzar a súa tendencia á internacionalización
é todo un acerto.
Parece que gastar máis de 2.000 millóns de iens (uns 15 millóns de euros) no desenvolvemento de Resident Evil 5 non foi un mal negocio, demostrando que os bos traballos teñen un retorno do investimento case inmediato.
As boas vendas do Resident Evil 5 e
tamén do Street Fighter IV
traducÃronse nun bo resultado económico tanto para o ano fiscal que remata o 31
de marzo coma para o presente ano fiscal, para o que prevén
un incremento do beneficio operativo do 6% chegando aos 15.500 millóns de iens
(116,6 millóns de euros).