Resident Evil 6 adianta o seu lanzamento ao 2 de outubro

martes, 10 de abril do 2012 Marcus Fernández

Hai uns meses Capcom sorprendeu anunciando que estaba a preparar o lanzamento do xogo Resident Evil 6 para o 20 de novembro, e agora presenta un novo trailer que pecha mudando a data de lanzamento deste prometedor título, adiantándoo ao 2 de outubro, o que agradecerán os posuidores dunha Xbox 360 ou unha PlayStation 3 (a versión de PC sairá máis adiante).
O novo trailer non só informa sobre o cambio de data de lanzamento do xogo, senón que tamén amosa numerosos detalles sobre a historia do mesmo, como o feito de que, aparte dos coñecidos Christ Redfield e Leon S. Kennedy, veremos a Sherry Birkin (muller que se estreara na saga cando era unha nena durante o incidente de Raccoon City) e incluso o fillo de Albert Wesker, Jake Muller. Tamén desvélase que a nova ameaza biolóxica estará baseada no novo Virus C e, desta volta, incluso os infectados poderán empregar armas de foto, o que promete unha acción máis trepidante que outras entregas.
Resident Evil 6 permitirá controlar a 3 personaxes distintos (Leon S. Kennedy, Chris Redfield e Jake Muller) que contarán con cadansúa historia, que entrelazaranse, aínda que o xogador poderá gozalas en calquera orde.


Novo trailer de Resident Evil 6

Resident Evil Chronicles HD Collection

Pero Resident Evil 6 non é o único título da saga que está en preparación, senón que dende Capcom tamén están a preparar Resident Evil Chronicle HD Collection, xogo que pretende celebrar o 15º aniversario do primeiro Resident Evil ofrecendo para PlayStation 3 un remake en alta definición dos 2 xogos para Wii da saga (Unbrella Chronicles e Darkside Chronicles), que desta volta poderán gozarse facendo uso dos mandos de PlayStation Move, o que resulta ideal para estes xogos sobre raís, que permitirá que os usuarios de consolas de Sony poidan completar a historia da saga con estas historias secundarias.

Resident Evil Chronicles HD Collection permitirá gozar en HD na PS3 dos xogos de Resident Evil para Wii
Jake Muller, fillo de Albert Wesker, será un dos protagonistas de Resident Evil 6

PUBLICIDADE