Resistance 3 xa é unha realidade

mércores, 7 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A terceira entrega da saga Resistance que tanto éxito está a ter na PlayStation 3 chega mañá mesmo ás tendas de videoxogos españolas, o que permitirá continuar a historia de Resistance 2 nunha aventura situada 4 anos despois, na que Joseph Capelli deberá combater ás quimeras que invadiron a Terra a mediados do século XX, nun apaixonante universo paralelo. Capelli procurará protexer a súa familia o que o levará a unha angustiosa misión co científico Fyodor Malikov, nunha viaxe ata New York, atravesando distintas localizacións devastadas nos EE.UU.
Resistance 3 tamén conta cun excelente modo multixogador (con ata 16 participantes) con batallas distribuídas por todo o mundo, do que xa puideron verse 2 grandes mapas na súa versión de proba (situados en Gales e Bogotá) aos que se incorporan outros 10.
Para ampliar as posibilidades deste grande título, Resistance 3 é compatible con PlayStation Move (co co Tirador de Precisión PS Move) e con televsiores 3D.


Trailer de lanzamento de Resistance 3

En Resistance 3 volveremos a enfrontarnos as temibles quimeras
O xogo será compatible con PS Move e televisores 3D

PUBLICIDADE