Respawnables: un shooter para iOS feito en España

luns, 17 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Os personaxes do xogo poden personalizarse e equiparse con distintos elementos

Nos últimos días a alianza entre a editora Zynga e o estudo barcelonés Digital Legends concretouse nun excelente xogo de acción en terceira persoa para iPhone, iPod Touch e iPad titulado Respawnables e que ofrece horas de diversión baixo a fórmula do free-to-play, combinando modos en liña e fóra de liña, converténdose nunha descarga imprescindible para os amantes dos shooters.
No modo fóra de liña Respawnables ofrece máis de 100 misións para completar que servirán para adestrar para o modo multixogador en liña que conta con 2 variantes: de balde para todos e de enfrontamentos por equipos.
O xogo conta con opcións de personalización a través de máis de 50 elementos con atributos, 15 armas, unha árbore de habilidades progresiva, trebellos e potenciadores e varios mapas.
Aínda que estamos ante un título violento, Respawnables optou por adoptar unha estética cartoon na liña de Team Fortress 2, o que resta realismo ao xogo (atenuando a sensación de estarmos ante unha matanza) sen reducir o seu nivel de detalle (aproveita os gráficos das pantallas Retina).
Un título moi recomendable tanto para quen queira botar algunhas partidas sen compromiso como para os que queiran gozar dun shooter en mobilidade (pois este xogo permite xogar tanto a través de Wi-Fi como de 3G).

Este xogo de acción en terceira persoa ten unha estética que lembra a Team Fortress 2
Respawnables é unha produción do estudo barcelonés Digital Legends


Trailer do xogo

PUBLICIDADE