Rock Band 3 incorporará teclado

venres, 11 de xuño do 2010 Marcus Fernández

O teclado será a principal novidade do Rock Band 3

Os xogos musicais viviron varias revolucións nos últimos anos, e aínda que inicialmente funcionaban con micrófonos ou guitarras, a xeración actual combina ambos accesorios e incorporou tamén as baterías, e agora Rock Band 3 vai máis aló e incorporará o soporte de teclado, o que enriquecerá a experiencia de xogo, aínda que os seguidores máis fieis da franquía de Harmonix posiblemente prefiran facerse con algunha das novas guitarras que sairán co xogo (unha Fender Mustang e unha Squier Stratocaster), que teñen un acabado moi profesional, parecen case guitarras eléctricas reais pese a que son instrumentos virtuais.
Rock Band 3 incorporará un modo de xogo profesional, que buscará ensinar aos xogadores a desenvolver habilidades musicais reais coa guitarra, o baixo, a batería ou o teclado.
Polo momento xa se confirmou unha pequena listaxe de temas que incorporará Rock Band 3 (por orde cronolóxica inversa):
- Metric - Combat Baby
- Rilo Kiley - Portions for Foxes
- Them Crooked Vultures - Dead End Friends
- The Vines - Get Free
- The White Stripes - The Hardest Button to Button
- Phoenix - Lasso
- Ida Maria - Oh My God
- Juanes - Me Enamora
- Jane’s Addiction - Been Caught Stealing
- Smash Mouth - Walkin’ on the Sun
- Spacehog - In the Meantime
- Stone Temple Pilots - Plush
- Dio - Rainbow in the Dark
- Huey Lewis and the News - The Power of Love
- Joan Jett - I Love Rock and Roll
- Night Ranger - Sister Christian
- Whitesnake - Here I Go Again
- The Cure - Just Like Heaven
- Ozzy Osbourne - Crazy Train
- Queen - Bohemian Rhapsody
- Jimi Hendrix - Crosstown Traffic
- The Doors - Break On Through
Amais, o xogo tamén vén de estrear trailer:

PUBLICIDADE