Rock Band 4 sae á venda

luns, 5 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Tras un longo período no esquecemento, os xogos musicais volven as consolas de videoxogos, comezando por Rock Band 4, xogo que mañá chega nas súas versións para PlayStation 4 e Xbox One, e supón a recuperación por parte de Harmonix dunha franquía de éxito que aposta pola continuidade, mantendo accesorios e incluso catálogo de cancións descargables, o que podería ser o seu principal punto ao seu favor (xa que os usuarios que mercasen cancións para as anteriores entregas poderán recuperalas sen custo adicional).
Rock Band 4 chega cunha completa listaxe de reprodución, con temas moi variados, de xeito que tanto podemos atopar cancións de Aerosmith e U2, até de Van Halen e Scorpions, aínda que contar cunha tenda en liña con máis de 1.500 cancións será un grande reclamo, de xeito que para gozar das nosas cancións favoritas non teremos que mercar distintas edicións do xogo como acontecía nos seus inicios, senón que apostaremos polos contidos descargables. Incluso o vello hardware será compatible, e os usuarios de PS4 poderán utilizar os instrumentos que adquirisen para PS2 e PS3, o que fai máis doado apostar por este título, xa que evítase o investimento adicional que ter que comprar un dos seus novos instrumentos (que contan con interesantes melloras, pero teñen prezos que incluso superan ao do xogo en si).
O xogo tamén incorpora novidades como os solos de guitarra freestyle, o que tamén fixeron coa voz, de xeito que poderemos conseguir puntos extra por improvisar (Freestyle Vocals). Todo isto mantendo as mecánicas tradicionais das anteriores entregas, polo que Rock Band 4 carecerá de curva de aprendizaxe, e os vellos xogadores poderán espremer o xogo ao máximo dende o primeiro momento.

Listaxe de temas incluídos en Rock Band 4

PUBLICIDADE