Rock Band Blitz chegará no verán como xogo descargable

mércores, 4 de abril do 2012 Marcus Fernández

As franquías de Guitar Hero e Rock Band (e outras inspiradas nas mesmas) parecen estar a conservarse no conxelador, despois dun abuso das mesmas que as queimou comercialmente, pero Harmonix vai retomalas parcialmente con Rock Band Blitz, un xogo que fuxirá do control mediante instrumentos musicais (como guitarras, teclados e baterías) e optará polo mando de xogo estándar para ofrecer un título descargable que chegará este verán a Xbox LIVE Arcade e PlayStation Network e optará por unha mecánica semellante á de xogos como FreQuency e Amplitude (ou mesmo o Rock Band Unplugged para PSP).
Este novo xogo lanzarase con 25 cancións que poderán xogarse en Rock Band 3 e será compatible coas máis de 3.500 cancións do catálogo de Rock Band, aínda que en vez de buscar ser un simulador musical, as cancións servirán como base dun xogo rítmico centrado en superar as distintas pistas en vez de en consolidar unha carreira musical virtual.


Trailer de presentación do xogo

Rock Band Blitz semella unha adaptación de Rock Band Unplugged a ordenadores de sobremesa

PUBLICIDADE