Rock Band chegará á Wii en xuño
martes, 25 de marzo do 2008
- Imaxe da baterÃa para Wii
O xogo Rock Band é un dos tÃtulos máis agardados do momento grazas en
boa medida ó éxito da saga de xogos Guitar Hero, e Harmonix, MTV Games e Electronic Arts veñen de
confirmar que no
mes de xuño lanzarán unha versión para a Nintendo Wii do xogo que permite
simular un grupo de rock.
O xogo contará cun pack completo no que se incluirán os instrumentos do mesmo (baterÃa,
micrófono e guitarra eléctrica sen fÃos) e se venderá a 169,99 dólares (non se
confirmou o prezo europeo), aÃnda que tamén será posible adquirir cada elemento
por separado.
A versión de Wii contará con 63 temas musicais, pero por desgraza non permitirá
xogar en rede nin descargar temas adicionais, contrastando coas versións
para Xbox 360 e PS3, que están a xerar millóns de descargas (de pago) de cancións
para o xogo.