Rock Band con instrumentos, de oferta no que resta de mes

luns, 15 de xuño do 2009 Marcus Fernández

GameStop é unha das tendas que xa anuncia a nova promoción

Como xa acontecera en abril, Electronic Arts oferta o seu xogo Rock Band con instrumentos por 99,95 euros nas súas versións para Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation 2 e Xbox durante a Quincena Loca de Rock Band que ten lugar entre os días 15 e 30 de xuño.
O xogo con micrófono, guitarra e batería chegara inicialmente ás tendas españolas a uns escandalosos 238 euros, pero foi reducindo o seu prezo paulatinamente, en boa medida polo lanzamento de novas entregas tanto de Rock Band coma do seu competidor máis directo (Guitar Hero).
Esta promoción pode entenderse como unha táctica para desfacerse do stock do xogo, para poder lanzar un kit semellante de Rock Band 2 ou incluso para facer sitio para o The Beatles Rock Band; aínda que tamén pode entenderse como unha aposta importante por achegar novos usuarios a un xogo que centra boa parte do seu modelo de negocio á compra de cancións soltas mediante descarga.

PUBLICIDADE