Rock Band contará cunha ampliación para PS2 e Wii

martes, 6 de maio do 2008 Marcus Fernández

Con Rock Band podemos cantar e tocar virtualmente a guitarra e a batería

O agardado xogo Rock Band chegará este mes para Xbox 360 e durante o verán para outras plataformas, destacando nas consolas de alta definición pola posibilidade de adquirir a través da Rede temas adicionais (estreándose varias cancións cada semana) o que deixaba un tanto marxinados aos usuarios da Nintendo Wii e da PlayStation 2, por non contar con consolas con disco duro, o que dende Harmonix van a arranxar mediante unha expansión chamada Rock Band Track Pack Volume 1 que se venderá a partir do 15 de xullo nos EE.UU. por 29,99 dólares.
É de agardar que este paquete con 20 novas cancións tarde varios meses en chegar a Europa, pero os usuarios das consolas máis vendidas ata o momento poderán respirar tranquilos sabendo que o xogo non quedará só coas cancións incluídas de serie.
A listaxe de cancións incluídas na ampliación de Rock Band é a seguinte:

- 30 Seconds to Mars - "The Kill"

- All American Rejects - "Move Along"

- Blink – 182 - "All the Small Things"

- Boston - "More Than a Feeling"

- David Bowie - "Moonage Daydream"

- Faith No More - "We Care A Lot"

- Grateful Dead - "Truckin’"

- The Hives - "Die, All Right!"

- KISS - "Calling Dr. Love"

- Lynyrd Skynyrd - "Gimme’ Three Steps"

- Nine Inch Nails - "March of the Pigs"

- Oasis - "Live Forever"

- Paramore - "Crushcrushcrush"

- The Police - "Synchronicity II"

- Queens of the Stone Age - "Little Sister"

- Ramones - "Teenage Lobotomy"

- Smashing Pumpkins - "Siva"

- Stone Temple Pilots - "Interstate Love Song"

- Weezer - "Buddy Holly"

- Wolfmother - "Joker & the Thief"

PUBLICIDADE